Receita de xabón caseiro

Deben utilizarse lentes e luvas de protección en todas as receitas de xabón

sabó

Ingredientes:

Elaboración:

  1. Colocade a auga nun recipiente ou cunca mediana e engadide a sosa cáustica ata que se disolva.
  2. É importante ter presente que a mestura se quenta e a auga se volve branca. Por iso, deixade que arrefríe e apartádevos.
  3. Mentres, podedes engadir os aceites e mesturalos nun recipiente grande.
  4. Cando a solución de sosa cáustica estea arrefriada e se aclare un pouco, colocádea no recipiente coa mestura de aceites e remexédeo todo.
  5. Despois batédeo a man; ou, para que sexa máis rápido, tamén se pode bater nun procesador.
  6. Cando a mestura espese un pouco e se vaia convertendo en xabón, engadide os aceites esenciais; logo, metédeo en moldes, cubrídeo e deixade que repouse 24 horas.
  7. Pasado este tempo, pódese sacar do molde ou, se aínda está moi mol, esperade mellor un día máis para facelo. Despois, cortádeo en barras e non demoredes demasiado tempo en facelo, pois poñerase moi duro e será máis complicado.
  8. Para facer xabóns é importante estar nun lugar ventilado e procurar non inhalar os vapores.
  9. Para os moldes pódese usar silicona ou plástico. Acordádevos de engraxalos para evitar que se pegue o xabón despois.

Receita deterxente caseiro líquido con xabón natural para lavadora

Ingredientes:

Elaboración:

  1. Relade e poñede a ferver o xabón en medio litro de auga. Cando estea desfeito, engadide os outros ingredientes e remexede.
  2. Despois, colocádeo nunha botella e engadide o resto de auga quente.
  3. Para rematar, aromatizade o deterxente con 5 ou 6 pingas por litro do voso aceite esencial preferido (lavanda, limón, menta etc.).

É importante usar entre 100 ou 120 ml por carga de roupa, xa que se nos excedemos na cantidade de xabón pode formarse moita espuma e a lavadora pódese estragar.

Se queredes un deterxente que axude a quitar manchas, podedes mesturar carbonato de sodio con bicarbonato sódico. É importante que non se confunda coa sosa cáustica, que pode queimar a pel se non se usa con precaución. Lembrade usar luvas cando traballedes con estes ingredientes, xa que poden irritar a pel.

Receita deterxente caseiro en po para lavadora

Ingredientes:

Elaboración:

  1. Remexede ben todos estes ingredientes e gardade a mestura nun frasco ou nunca caixa. E listo para empezar a usar!