Como facer unha lámpada de aceite caseira

làmpara oli Facer unha lámpada deste tipo é relativamente sinxelo e posiblemente xa teñades todos os materiais na túa casa.

Precísase:


A construción da lámpada

  1. Dobrade o arame de aceiro de maneira que se suxeite no bordo do bote, entre cara a dentro, e sexa capaz de suxeitar a mecha.
  2. Dobrade a outra punta do arame en forma de espiral arredor da mecha, de xeito que esta se poida soster en vertical (como nas candeas). Facede que a espiral forme unha especie de pirámide, de maneira que a parte inferior sirva de soporte.

O funcionamento da lámpada

esquema làmpara oli

Uns trinta gramos de aceite de oliva poden durar unha hora ou máis. O custo non é superior ó das candeas. Tamén podedes adquirir aceite de oliva non apto para o consumo humano pero si para queimar, que ademais resulta máis barato.
Podedes ferver o aceite de oliva con aceites esenciais para que a combustión desprenda un arrecendo agradable.

As lámpadas de aceite de oliva usáronse durante miles de anos, e as lámpadas de aceite en xeral foron utilizadas ata hai poucas xeracións. Son fiables, teñen moita potencia e duran bastante. A vantaxe de usar lámpadas de aceite de oliva é que, se envorcan, deixan de arder, posto que non é un material moi inflamable. Son moito máis seguras que outras opcións de iluminación mediante combustión.

Os materiais

Unha das vantaxes de empregar un bote de cristal é que se pode cerrar e gardar cando non se usa.
Para a mecha podedes utilizar un cordón de algodón. Para que sexa máis duradeira cómpre introducila nun frasco con auga salgada e despois deixala secar. Tamén podedes mercar mecha trenzada ou utilizar unha toalla vella para facer mechas.

Font: SOLiCLIMA