Diferenzas entre o aceite de oliva filtrado e sen filtrar

O aceite de oliva sen filtrar conserva algúns sólidos en suspensión e pequenas partículas de auga da mesma oliva pola propia decantación natural, pois non pasou polo proceso de filtrado. Por esta razón os aceites sen filtrar teñen un aspecto turbio e os aceites filtrados teñen unha aparencia máis transparente e brillante.

Unha das vantaxes do aceite sen filtrar e de aparencia aínda avolta é que o consumidor ten a seguridade de que o aceite foi elaborado recentemente e que se produciu na última colleita de olivas. Os aceites de oliva sen filtrar decantan de xeito natural nos depósitos. Este proceso dura entre tres e catro meses; non hai un tempo exacto, xa que depende da temperatura e da variedade. Despois de se decantaren, os aceites sen filtrar adquiren a mesma aparencia que os aceites filtrados.

O aceite sen filtrar é de aspecto menos atractivo que o dos aceites filtrados; o seu outro inconveniente é a conservación, pois recoméndase que se consuma en dous ou tres meses. Isto é debido a que os aceites sen filtrar decantarán nos envases.

O noso aceite de oliva virxe extra OLIFLIX está filtrado de xeito moi suave, e pode aparecer un pequeno pouso escuro no fondo do envase.