Cultivo ecolóxico das oliveiras

oliveira 1 oliveiras quasi milenari 2016 Os nosos devanceiros deixáronnos en herdanza as oliveiras centenarias, maiormente da variedade arbequina, árbores pouco vigorosas pero moi resistentes á climatoloxía tan dura desta zona do val do Ebro, con veráns calorosos e secos e invernos moi fríos. Os seus froitos, as olivas, son pequenos pero dunha calidade extraordinaria polo zume que conteñen, o aceite de oliva virxe extra.

A tradición no cultivo destas oliveiras arbequinas centenarias adáptase e cumpre coa norma CEE 834/2007. É dicir, non se lles bota ningún tipo de fertilizante ou praguicida químicos de síntese.

oliveiras olives

Os campos de oliveiras xunto ó bosque mediterráneo, debido á orografía de pendentes, aproveitan a auga das chuvias que achega os nutrientes do bosque ata as oliveiras, ademais de recibiren os coidados de poda e labranza que corresponden.
A maioría das leiras de cultivo ecolóxico están orientadas cara ó suroeste, de tal xeito que o sol as irradia desde que sae ata que se pon, o que axuda a que as olivas sexan de maior calidade.

É a principios de novembro cando os seus froitos, as olivas, empezan a madurecer e chega a época da colleita. Peitéanse as pólas das oliveiras coas mans, para non prexudicar a oliveira nin os seus froitos. Cando están as olivas no seu punto óptimo de maduración recóllense, para obter deste xeito dun bo froito o seu mellor zume: o aceite de oliva virxe extra artesán e de cultivo ecolóxico.

oliveiras quasi milenari 2015 oliveira 2