Que é Oliflix?

Oliflix é a paixón polas nosas raíces no cultivo e na elaboración artesanal do aceite de oliva virxe extra como produto natural. Procuramos ser fieis ós nosos devanceiros, coa súa sabedoría e o seu bo facer, no cultivo das oliveiras ecolóxicas e na elaboración artesanal. Isto é froito de todo un equipo de xente nova e dinámica ilusionado por compartir o noso labor para manter as tradicións na elaboración do aceite ó máis puro xeito artesanal.

Xunto co muíño tamén recuperamos os sistemas de elaboración tradicionais do aceite de oliva, e como froito deste traballo obtemos un aceite de oliva virxe extra artesanal, naturalmente elaborado con pedras graníticas e prensas hidráulicas.

Temos ademais unha variedade ecolóxica do aceite de oliva virxe extra artesanal. Esta variedade provén das oliveiras de cultivo ecolóxico, ás que non se lles bota ningún tipo de praguicida ou fertilizante de síntese.

Oliflix, máis preto

Oliflix fai envíos á súa casa directamente desde o muíño. De forma cómoda, sinxela e con toda a garantía de Oliflix. Póñase en contacto connosco e darémoslle información sen compromiso sobre como degustar este aceite en familia.

Pode ver o noso catálogo na páxina de produtos.
Vexa tamén as opinións de Oliflix.
Para máis información sobre Oliflix, vexa quen somos.

Noticias/actualidade

- 21/05/2019 -

En recoñecemento pola altísima calidade do aceite de oliva virxe extra que elaboramos, Olive Oil Times outorgounos o Premio de Prata NYIOOC a Oliflix.
Calidade baseada, por unha banda, na súa materia prima, a oliva, e, pola outra, no proceso de elaboración do aceite que deste froito se extrae.
Elaboración de aceite de oliva extra artesanal, naturalmente mediante maquinaria tradicional, que é o que fai Oliflix, unha empresa peculiar e case única no ámbito europeo, xusta merecedora do galardón que se lle outorgou.

- 10/04/2019 -

Podando as oliveiras, para que as novas pólas produzan o prezado froito, as olivas.

- 18/11/2018 -

As nosas oliveiras xa teñen os seus froitos, as olivas, no seu punto óptimo de maduración e a piques de colleitar.